|
Oferta emprego para traballar en Hospedaxes como programador web 2.0 |
|
|
|
o Xoves, 31 de Xaneiro do 2008
Hospedaxes anda na procura dun programador web para Internet 2.0 para cubrir un posto presencial na súa oficina do polígono de Pocomaco (Coruña). Oferta: - Xornada laboral de 5 horas, de 9 a 14 horas.
- Contrato laboral con soldo segundo valía entre 10.500 e 12.000 euros ao ano.
- Traballo con Software Libre como Wordpress ou phpBB.
- Formar parte dunha empresa con grandes posibilidades de crecer.
- Posibilidade de levar a cabo proxectos propios persoais. Hospedaxes proporcionará os coñecementos, infraestrutura e experiencia necesaria.
- Bo ambiente de traballo
- Opcional horas extras pagadas
Coñecementos: - Coñecementos e experiencia en PHP
- Dominio de bases de datos, principalmente MySQL
- Experiencia en implantación e modificación de Software Libre como Wordpress
- Experiencia en desarrollo con patrón MVC e Cake PHP
- Dominio de xHTML y CSS
- Coñecementos en JavaScript e AJAX
Si estás interesado envía o teu currículo a rrhh@hospedaxes.com
Artigos relacionados
|