Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Ofertas de emprego arrow Oferta de traballo para Mancomún
Oferta de traballo para Mancomún PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Xullo do 2008

A S.A.X CESGA vén de publicar unha oferta de emprego para a contratación dun Técnico experto en Software Libre para Mancomún.

As principais funcións que terá que desenvolver a persoa seleccionada para o posto serán:
  • Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de Mancomun.org.
  • Colaborar en actividades de difusión do Software Libre incluíndo labores de dinamización da Forxa.
Os requisitos esixidos para participar no proceso selectivo son:
  • Experiencia mínima de 6 meses en administración/mantemento de aplicacións baseadas en contornos LAPP (GNU/Linux, Apache, PostgreSQL e PHP/Python).
  • Experiencia mínima de 6 meses en administración de sistemas Debian GNU/Linux ou baseados en Debian.

 Ademais valoraranse os seguintes méritos:

  • Coñecementos en administración/mantemento de servizos de correo en Software Libre (correo+antispam+mailman+antivirus)
  • Coñecementos de tecnoloxías web: HTML, CSS, javascript, accesibilidade, XML/XSL, ...
  • Coñecementos de Linguaxes de programación Java, Perl, C/C++, ...
  • Coñecementos das ferramentas Gforge, SVN, CVS, Perforce, Bazaar, ...
  • Outras ferramentas de desenvolvemento colaborativo: trac, kforge, ...
  • Participación en actividades de difusión como relatorios/eventos.
  • Coñecemento de inglés.

Para participar no proceso selectivo deberá enviarse a documentación que se especifica nas bases da convocatoria, nomeadamente:
  • Anexo I: Modelo de solicitude
  • Anexo IV: Documento de méritos
  • Curriculum vitae do solicitante
  • Fotocopias de Dni, Titulación, xustificación de méritos alegados (contratos, cursos, participación en eventos...), CELGA4 ou equivalente e coñecementos de inglés.
Esta documentación deberá enviarse indicando a referenciaTEC-4-SL-08 amtes das 14:00 horas do 21-07-2008 a emprego @ cesga . es ou por correo postal a Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela.




ChuzaMeneameDel.icio.us!




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement