A empresa C.T.I. TEGNIX convoca unha oferta de traballo para o posto de administrador de Sistemas Linux. Requírese unha persoa con coñecementos na administración de sistemas baseados nesta plataforma e en servizos de rede (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix...). O posto de traballo estará orientado á posta en marcha e configuración de contornas baseados en GNU/Linux, bases de datos MySQL e PostgreSQL, virtualización de servidores e mantemento de servizos críticos, entre outras funcións.
A continuación indícanse as especificacións achegadas pola propia empresa: Posto vacante: Administrador de Sistemas Linux Categoría: Informática e telecomunicacións Requerimentos: * Coñecementos de administración de sistemas baseados en GNU/Linux e servizos de redes (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix,...) * Disposición de traballar en grupo * Capacidade de aprendizaxe * Paixón polo Software Libre Ademais destes requirimentos obrigatorios valorarán: * Titulación técnica * Experiencia en empresas do sector * Coñecementos en linguaxes de programación como Java, Perl, PHP, Bash-scripting, AJAX o Python (entre outros) * Implicación coa comunidade de software libre * Capacidade de asumir responsabilidades e de traballar en equipo * Galego falado e escrito * Inglés técnico (nivel medio de leitura) * Carnet de conducir * Coñecementos doutros sistemas operativos
As funcións a desenvolver na empresa serán: * posta en marcha e configuración de entornos baseados en GNU/Linux, bases de datos MySQL, PostgreSQL * virtualización de servidores * alta disponibilidade, mantemento de servizos críticos, etc
Outras especificacións realizadas pola empresa son: * Salario negociable segundo experiencia achegada
* Estabilidade laboral, participación en proxectos de ámbito nacional e internacional, posibilidade de aprendizaxe e desenvolvemento profesional. * Excelente ambiente de traballo * Contrato temporal a xornada completa con posibilidade de convertirse en indefinido. Documentación solicitada * Curriculum Vitae e fotocopia do título ou expediente en caso de titulación. * Recoméndase presentar a documentación en formato de estándar aberto internacional (ISO/IEC 26300:2006 Open Document Format ou ISO 32000 Formato PDF)
A documentación deberá ser remitida ao enderezo de correo electrónico rrhh@tegnix.com
Artigos relacionados
|