| Oferta de emprego na Oficina de Software Libre da USC |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 30 de Xuño do 2008 | |
|
No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do Software Libre. PERFÍS:
FORMA DE CONTRATACIÓN. No caso do coordinador será un contrato e no caso do técnico será unha bolsa. DURACIÓN. Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009. SOLDO APROXIMADO. 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 euros brutos/mes, para o bolseiro. LUGAR DE TRABALLO. En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC. SELECCIÓN DE CANDIDATOS. Os/as interesados/as deben enviar o seu Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo electrónico atic.software@usc.es. A data límite para a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008. Máis información na fonte orixinal da nova ou en atic.software@usc.es. Oferta enviada á rolda de ofertas de emprego de Mancomún: http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre Artigos relacionados
|







O Departamento de Electrónica e Computación da USC vén de publicar 








