Menu Content/Inhalt
» Inicio
Aberto o prazo de solicitudes de traballo en prácticas en Igalia PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 06 de Maio do 2008
Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por sétimo ano consecutivo a posibilidade de realizar prácticas na empresa durante este verán nas súas instalacións de A Coruña ou Pontevedra, a estudiantes de Enxeñería en Informática ou Enxeñería Técnica en Informática con máis do 50% dos créditos superados.

Por que o facemos?

  • A maioría de nós fixemos prácticas en empresa cando eramos estudiantes.
  • É unha boa forma de devolverlle algo a Universidade da que vimos.
  • Tamén é unha boa maneira de contratar xente. Case o 50% das persoas que fixeron prácticas connosco no pasado forman parte da empresa na actualidade.” [Igalia]


Como son?

  • Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre e 25 horas para redactar a memoria.
  • Axuda de 1,000 €.

 

Se estás interesado en optar ás prácticas, o período de recepción de solicitudes abrangue abrangue dende o 5 ata o 18 de maio. Envía a túa carta de presentación, CV e copia do expediente académico a rrhh igalia.com, indicando "[internship] Apelido, Nome" no asunto.


Máis información:

http://www.igalia.com/igalia/workwithus/internship/





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement