Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Xestor de descargas masivas para Firefox
Xestor de descargas masivas para Firefox PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
DownThemAll é un complemento libre para o navegador Firefox que o dota da capacidade de xestionar descargas masivas de ficheiros. A instalación deste complemento inclúe novas entradas no menú Ferramentas de Firefox así como a posibilidade de amosar tamén iconas de acceso rápido na barra de ferramentas.
 
Entre as súas características podemos destacar:
  • Xestión de listas de descargas. Ao premer co botón dereito nunha páxina web amosa unha ventá cunha lista de todas as imaxes e ficheiros multimedia que contén e permite seleccionar todos os que nos interese descargar de forma manual e rápida ou ben mediante filtros por tipo de ficheiro. Isto pode ser moi útil cando queremos descargar moitos ficheiros dun mesmo sitio, evitando ter que facer a descarga individual de cada un.
  • Filtros de selección dos ficheiros a descargar personalizables mediante o uso de caracteres comodín e mesmo usando expresións regulares.
  • Permite definir como renomear os ficheiros descargados para incluírlles, por exemplo, a data e hora de descarga, a url de descarga...
  • Permite parar as descargas e retomalas máis adiante sempre que se queira sen perda de datos.
  • Permite acelerar as descargas até un 400% dividindo os ficheiros en seccións. Este número pode aumentarse o diminuírse sempre que se queira durante a descarga.
Máis información: Web de DownThemAll




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement