| Xestor de datos de escritorio para Gnome |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 04 de Abril do 2008 | |
|
Desktop Data Manager é unha aplicación que engloba as funcionalidades de portapapeis, xestor de descargas e capturador de pantallas. Está escrita para Gnome polo que se integra perfectamente nel. A icona principal agóchase na área de notificación para estar sempre accesible mais sen molestar. A continuación describimos as características máis innovadoras dentro de cada unha das súas 3 funcionalidades principais.
Portapapeis A función de portapapeis é o punto forte desta aplicación. Mantén unha lista cun certo número de elementos que se poden utilizar. Este número é personalizable, así como as combinacións de teclas para que apareza esa lista onde o punteiro do rato para poder empregala de xeito rápido. Unha das achegas desta aplicación é que mostra a previsualización do contido real das imaxes copiadas. Mesmo permite copiar ligazóns de imaxes de internet e mostra directamente a miniatura da imaxe. Outra das características interesantes que ten é que ao copiar e pegar algo na ventá do xestor de ficheiros ofrece a posibilidade de crear un ficheiro co contido que se está a pegar, amosando unha lista de posibles extensións válidas segundo o tipo de contido. Capturador de pantalla DDM é un capturador de pantallas moi completo. Permite:
Xestor de descargas O xestor de descargar permite pausar e continuar logo coas descargas, realizalas con varios fíos para aceleralas e soporta os protocolos HTTP e FTP. Fonte: Genbeta
Artigos relacionados |





















