| Wine 1.0 conxela o seu código |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 06 de Maio do 2008 | |
|
Wine é unha implementación da API de Windows que fai posible executar aplicacións para Windows dende o sistema GNU/Linux, por exemplo, Photoshop, Iexplorer, e o seu punto forte, multitude de xogos populares, sendo esta última a categoría con maior número de aplicacións. O desenvolvemento de Wine remóntase ao ano 1993 coma un intento de dar soporte a aplicacións de Windows 3.1 en Linux. Dende entón, ano a ano, o equipo de desenvolvemento foi acadando soporte a un maior número de aplicacións de Windows e actualizándose ao tempo que o facía o sistema de Microsoft. Despois de todos estes anos de desenvolvemento semella que por fin as funcionalidades e a estabilidade de Wine son suficientes para considerala xa unha aplicación madura digna dunha versión 1.0. A conxelación de código non quere dicir que non se vaian corrixir erros mais ben refírese a que non se farán modificacións que poidan desestabilizar a aplicación. De feito, dende o proxecto fan un chamamento de axuda para probar a aplicación e enviar os erros detectados a bugzilla para que o lanzamento da versión 1.0.0-rc1 o vindeiro 9 de maio estea o máis libre de erros posible. Artigos relacionados
|






















