| UltraStar Next Generation 0.1.4 |
|
|
|
| escrito por USC o Venres, 25 de Maio do 2007 | |
|
Ultrastar é un programa de Karaoke, clon do xogo SingStar de Sony, programado en Delphi. A semana pasada publicouse a versión 0.1.4 de UltraStar NG, unha adaptación de UltraStar a C++ que funciona sobre plataformas Linux. O xogo xa está dispoñible para Debian e Ubuntu, e recomendado no Debian Package of the Day. Unha característica do UltraStar é a capacidade de analizar e puntuar o teu xeito de cantar. Ademais tamén podes facer as túas propias cancións en formato mp3 e con un ficheiro de texto. Polo momento non é posible facelo no UltraStar-ng.
Artigos relacionados |
















