| Traducida ao galego a última versión do BrazilFW |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 01 de Decembro do 2006 | |
|
Novamente, o profesor Manuel González Regal do I.E.S. Xulián Magariños (Negreira), vén de facer outra aportación á comunidade: a tradución da última versión do BrazilFW, un Firewall/router baseado en Linux que pode executarse en PC antigos e colle nun disquete de 1,44 MBytes. Tanto a versión estable (BrazilFW 2.28) como a última versión en probas BrazilFW (2.29-4) foron remitidas ao proxecto BrazilFW para incluílas nas versións oficiais, pero xa poden descargarse dende a sección do BrazilFW no MAGASI en liña.
Aínda que se pode instalar en PC antigos, o BrazilFW funciona dun xeito equivalente a firewalls comerciais para uso personal ou pequenas empresas. Os principais obxectivos do BrazilFW son:
BrazilFW posúe, entre outras, as seguintes funcionalidades:
BrazilFW pode funcionar en calquera 486 con a lo menos 16Mb de RAM non sendo necesario ter disco duro, xa que cabe nun único disquete. No entanto, é posible usar un disco duro para que o sistema se inicie máis rápido. Esta última versión (BrazilFW 2.29-4) inclúe novas funcionalidades como: balanceo de carga, soporte para unha segunda interface LAN e WAN e asignación estática dirección IP-dirección MAC. Fonte.- I.E.S. Xulián Magariños Artigos relacionados |
















