| TextSTAT, ferramenta para análise estatística de textos |
|
|
|
| escrito por mar o Martes, 14 de Outubro do 2008 | |
|
TextSTAT é unha aplicación libre para a análise estatística de textos. Esta aplicación é quen de ler un texto plano, HTML ou un .odt e xerar unha lista de palabras coa frecuencia de aparición e de concordancias a partir do texto. A última versión da aplicación ten un robot web que é quen de ler unha serie de páxinas dun mesmo portal web e poñer as palabras atopadas nun corpus. A interface desta aplicación está dispoñible en múltiples idiomas, entre eles o galego grazas ao traballo voluntario da cooperativa TagenAta . Dende esta cooperativa tamén nos informan da dispoñibilidade de paquetes .deb para a instalación das bibliotecas Freeling en Debian. Este traballo foi desenvolvido por Martín Vázquez Cabanas e xa foi enviado aos desenvolvedores de Freeling. Polo momento, quen estea interesado en usalos pode descargalos dende a seguinte ligazón . Artigos relacionados
|
















