| Sun anuncia a adquisición de MySQL. |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 16 de Xaneiro do 2008 | |
|
Sun Microsystems vén de anunciar o acordo alcanzado para a adquisición de MySQL AB, empresa desenvolvedora de MySQL, unha das bases de datos open source máis populares. Sun pagará aproximadamente 800 millóns de dólares en metálico polas valores de MySql e asumirá uns 200 millóns de dólares en opcións. Agardan que a transacción estea pechada no terceiro ou cuarto trimestre do ano fiscal 2008 de Sun. Este anuncio reafirma a posición de Sun como provedor destacado de plataformas para a web e o seu rol como o maior contribuidor comercial do open source. Logo de rematar a transacción, MySQL integrarase en Sun's Software, Sales and Service e Marten Mickos, Ceo de MySQL pasará a formar parte do equipo executivo senior de Sun. Durante o proceso, formarase un equipo con representantes de ambas compañías para desenvolver os plans de integración. Fonte: Sun Máis información : MySql Artigos relacionados
|
















