| Publicado MapGuide Open Source 1.2.0 Release Candidate 2 |
|
|
|
|
MapGuide é un sistema de publicación de información xeográfica vía web cunha interface de consulta que ten un desenvolvemento importante do lado do cliente. Dito cliente pode estar baseado en AJAX, o que permite amosar información xeográfica sen necesidade de que o usuario teña que descargar e instalar un plug-in, ou pode estar baseado no formato DWF, desenvolvido por Autodesk para a publicación lixeira de información CAD, en cuxo caso o usuario si que ten que instalar un control OCX na súa máquina. O visualizador MapGuide, foi desenvolvido inicialmente pola división XIS de Autodesk. Coa chegada desta versión mellorada (1.2.0 Release Candidate 2) solvéntanse diversos erros de funcionamento.
Entre os estándares OGC, cumpre con WMS e WFS. Toda a información do proxecto está bastante ben documentada e sen dúbida algunha entre os publicadores de información xeográfica vía internet MapGuide convértese nunha referencia obrigada agora que é un produto gratuíto e unha das aplicacións nese tipo de mercado máis destacable. A aplicación ten licenza LGPL Artigos relacionados |
















