Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Proxecto Live-DVD con Moodle incluído

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Proxecto Live-DVD con Moodle incluído PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 11 de Xuño do 2008

A Universidad Pedagógica Nacional (UPN) e a Subsecretaría de Educación Media Superior (SEMS) a través da Coordinación Sectorial de Desarrollo Académico (CoSDAC) de México están a traballar nun interesante proxecto para impulsar a mellora dos docentes mediante a creación dunha ferramenta TIC que lles permita coñecer e desenvolver material docente.

Trátase dun dvd-vivo baseado en Ubuntu con Moodle e o software da Wikipedia instalados e preparados para seren usados.

Deste xeito, cando se arranca o computador dende o DVD, o usuario poderá, sen necesidade de instalar nada, comezar a desenvolver contidos educativos sen precisar conexión á Internet. Ademais, é posible que logo de rematado o traballo poida gardarse nunha partición NTFS de Windows para recuperalo automaticamente cando se volva reiniciar o equipo co DVD.
Na web do proxecto Moodle dvd-live pódense ler con máis detalle as características do proxecto así como descargar a iso do DVD, aínda que a descarga pódese facer máis rápida dende este outro mirror.
 
Fonte: Barrapunto





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...