Menu Content/Inhalt

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Produción musical en Gnu/Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Febreiro do 2008

Atopamos este interesante curso on-line sobre produción musical a través de ferramentas libres en GNU/Linux.

O curso consta de 5 capítulos nos que se traballa coas seguintes aplicacións:

  • Audacity para a gravación de audio e de ondas.
  • Hydrogen para a emulación da caixa de ritmos.
  • Ardour para edición de rexións, mesturas e efectos.
  • Rosegarden para a instrumentación virtual.

Aínda que vén de publicarse na rede, este curso escribiuse no 2005 para a súa publicación na revista Personal Computer & Internet.

Mais, como di Pau Arumí, un dos seus autores,no seu blogue no anuncio da publicación  do curso, aínda que dende hai tempo tiña o permiso da revista para publicalo on-line, non tivera tempo para o facer.

Obviamente, recoñece que algunhas aplicacións sufriron cambios dende entón pero cre que pode servir igualmente para aprender o manexo básico. Está aberto a calquera suxestión ou comentario sobre o mesmo, e aínda que en principio non entra nos seus plans actualizalo, non desbota facelo se recibe colaboracións.

Fonte: Genbeta  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...