| Produción musical en Gnu/Linux |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Febreiro do 2008 | |
|
Atopamos este interesante curso on-line sobre produción musical a través de ferramentas libres en GNU/Linux. O curso consta de 5 capítulos nos que se traballa coas seguintes aplicacións:
Aínda que vén de publicarse na rede, este curso escribiuse no 2005 para a súa publicación na revista Personal Computer & Internet. Mais, como di Pau Arumí, un dos seus autores,no seu blogue no anuncio da publicación do curso, aínda que dende hai tempo tiña o permiso da revista para publicalo on-line, non tivera tempo para o facer. Obviamente, recoñece que algunhas aplicacións sufriron cambios dende entón pero cre que pode servir igualmente para aprender o manexo básico. Está aberto a calquera suxestión ou comentario sobre o mesmo, e aínda que en principio non entra nos seus plans actualizalo, non desbota facelo se recibe colaboracións. Fonte: Genbeta Artigos relacionados |





















