| Prism leva as aplicacións web ao escritorio |
|
|
|
|
Esta idea xa está a ser potenciada por varias empresas como Google co seu proxecto Google Gears, Adobe con Adobe Air, Microsoft con MS SiverLight e MoonLight, alternativa para GNU/Linux a SilverLight. Por contra a Adobe e Microsoft, Mozilla non pretende construír unha plataforma propietaria para substituír a web, o seu obxectivo é identificar e facilitar o desenvolvemento das melloras que aportan as vantaxes das aplicacións de escritorio á plataforma web. Xa existe unha versión lista para descarga de Prism que unha vez instalada permite introducir unha URL co servizo desexado para convertela nunha aplicación de escritorio. Para facer experimentos dende plataformas GNU/Linux ou MacOS está dispoñible WebRunner, proxecto no que está baseado Prism e que está en fase experimental.
Fonte: Mozilla Labs Artigos relacionados
|

















