| Primeira conferencia internacional QualiPSo |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 26 de Decembro do 2007 | |
|
Seguindo o seu obxectivo de apoiar o desenvolvemento e o uso do software de código aberto para axudar á industria na súa carreira por medrar, o consorcio internacional QualiPSo organiza a primeira conferencia internacional: “Fomentando a innovación e o crecemento fomentando a confianza e a calidade do Software de Código Aberto”. Esta conferencia terá lugar en Roma os días 16 e 17 de Xaneiro de 2008.
A conferencia conta co padroado da Comisión Europea e reunirá a autoridades e expertos internacionais das tendencias do Software de Código Aberto, revelará os primeiros resultados da investigación levada a cabo polo consorcio, e será un foro de debate sobre os niveis de confianza acadados polo Software de Código Aberto. Tratará os seguintes temas dende tres ángulos diferentes: político, económico e tecnolóxico:
Está dirixida principalmente a executivos das TIC involucrados nas decisións sobre o código aberto nas administracións públicas e na industria, a altos cargos políticos, xestores de proxectos software, membros de comunidades de código aberto, enxeñeiros TIC... Para máis información visitar a páxina da conferencia . Fonte: Proxecto QualiPSo
Artigos relacionados
|
















