Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Primeira conferencia internacional QualiPSo
Primeira conferencia internacional QualiPSo PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 26 de Decembro do 2007
Seguindo o seu obxectivo de apoiar o desenvolvemento e o uso do software de código aberto para axudar á industria na súa carreira por medrar, o consorcio internacional QualiPSo organiza a primeira conferencia internacional: “Fomentando a innovación e o crecemento fomentando a confianza e a calidade do Software de Código Aberto”.
 
Esta conferencia terá lugar en Roma os días 16 e 17 de Xaneiro de 2008.
 
A conferencia conta co padroado da Comisión Europea e reunirá a autoridades e expertos internacionais das tendencias do Software de Código Aberto, revelará os primeiros resultados da investigación levada a cabo polo consorcio, e será un foro de debate sobre os niveis de confianza acadados polo Software de Código Aberto. Tratará os seguintes temas dende tres ángulos diferentes: político, económico e tecnolóxico:
  • Aspectos legais do Software Aberto
  • Confianza nos procesos e produtos Software Aberto
  • Modelos de negocio e estratexias Software Aberto
  • Interoperabilidade na área do Software Aberto
  • Redes de Centros de competencias en Software Aberto
  • Forxas de software de nova xeración

Está dirixida principalmente a executivos das TIC involucrados nas decisións sobre o código aberto nas administracións públicas e na industria, a altos cargos políticos, xestores de proxectos software, membros de comunidades de código aberto, enxeñeiros TIC...

Para máis información visitar a páxina da conferencia

Fonte: Proxecto QualiPSo

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement