Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Presentación da nova versión de Ainfovac
Presentación da nova versión de Ainfovac PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 26 de Maio do 2008
O próximo venres 30 de Maio ás 16:30 terá lugar o Acto de Difusión que leva por título: “Ainfogra.com. Software Libre e Eido Rural. Presente e Futuro”. O acto terá lugar no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco – A Coruña), pertencente á Federación de EFA de Galicia.

Ainfogra é un proxecto dirixido a achegar o Software Libre ao medio rural a través da difusión, formación e o desenvolvemento de Software de Xestión Integral especificamente destinado ao medio rural. Este último punto unha das súas prioridades.

Neste acto terá lugar a presentación da nova versión do Software Libre AinfoVac 0.4.1 (Xestión Integral de Explotacións AgroGandeiras). O traballo de desenvolvemento levado a cabo nos últimos meses supón un avance cuantitativo e cualitativo importante respeito da última versión publicada (novembro 2007).
 

PROGRAMA DO ACTO:
16:30 Presentación
16:45 O Proxecto Ainfogra - Resultados presentes e perspectivas de futuro
17:00 AinfoVac. Software Libre de Xestión Integral de Explotacións Agrogandeiras
17:30 Intervención autoridades
17:45 Viño de honra

NOVIDADES:
- Presentación da nova versión de AinfoVac 0.4.1
- Presentación da nova web do proxecto. www.ainfogra.com
 
Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 733 051 ou no correo electrónico ainfogra@efagalicia.org




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement