| PowerTop a ferramenta de Intel para aforrar enerxía. |
|
|
|
| escrito por USC o Luns, 14 de Maio do 2007 | |
|
Intel acaba de presentar LinuxPowerTop.org, unha web adicada a recompilar consellos, trucos e información para reducir o consumo de enerxía en computadoras cos seus microprocesadores e correndo GNU/Linux. Ao mesmo tempo que se presentou o sitio web, Intel tamén liberou o seu software PowerTOP que axuda a descubrir que aplicación consume máis enerxía da necesaria mentres o portátil está en estado inactivo. O desenvolvedor de Linux e traballador de Intel Keith Packard, comentou que empregando PowerTop foi capaz de aumentar a duración da batería do seu notebook Toshiba de 4 a 7 horas. Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/hard/linux-power-top.htmlArtigos relacionados
|
















