| OpenOffice.org pásase á licenza LGPLv3 para unha maior protección contra as patentes de software |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 10 de Marzo do 2008 | |
|
Louis Suarez-Potts, o xestor da comunidade de OpenOffice.org, informa de que se está a cambiar a licenza do código do OpenOffice.org desde a anterior LGPL v 2.1 cara á 3.0 da futura versión Beta de OpenOffice.org 3.0 (aínda sen data). Así o comenta Suarez-Potts na súa mensaxe: "Durante o ano pasado, houbo a discusión entre os xefes de proxectos de OOo das implicacións que suporían a adopción da GPLv3 ou LGPLv3 para OpenOffice.org. Os xefes de proxectos en xeral estaban a favor de adoptar as novas licenzas. O que se traduciu en que Sun está cambiando a licenza do OpenOffice.org para a máis flexible e protectora LGPL v3 [0], que se fará efectiva coa primeira beta do OpenOffice.org 3.0 que se espera para finais de ano. Este paso adiante é a evolución natural para un proxecto que use unha licenza da familia da FSF. O cambio de licenza beneficiará en gran medida á comunidade con proteccións adicionais contra as patentes de software. A LGPL garante flexibilidade para un grande abanico de usuarios e desenvolvedores, asegurando igualmente que as modificacións ao código fonte sexan accesibles para a comunidade..." O cambio para a nova licenza tamén é o motivo fundamental para cambiar a "Join Copyright Assignment (JCA) " pola "Sun Contributor Agreement (SCA)". Unha gran cantidade de proxectos xa adoptaron a nova versión 3 da GPL e LGPL e para OpenOffice.org a saída da futura versión 3.0 é o momento ideal para facelo
Mensaxe de Louis Suarez-Potts: Artigos relacionados |





















