| Open Pipe axúdate a tocar a gaita ou a frauta |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 14 de Febreiro do 2007 | |
|
OpenPipe é un proxecto que pretende a creación dun controlador MIDI con apariencia de frauta ou de gaita. Así un músico pode, por exemplo, gardar os eventos xerados durante a súa interpretación para editalos posteriormente ou escoller os sons do instrumento que prefira. Desenvolve este proxecto Santiago Barro, estudiante de Enxeñería Informática, que liberará o código en breve. A páxina do proxecto ten o valor engadido de ser unha valiosa fonte de información sobre MIDI en GNU/Linux e sobre sintetizadores software libre coma TiMidity. Artigos relacionados |
















