Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow O portátil dos 100$ ("One Laptop Per Child") amosado na Campus Party

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
O portátil dos 100$ ("One Laptop Per Child") amosado na Campus Party PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 31 de Xullo do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/tn-blue-pivot.png Marcelo Tosatti, un dos membros do proxecto OLPC (One Laptop Per Child), tamén coñecido anteriormente como o portátil de 100 dólares, estivo na Campus Party amosando unha versión final do mesmo (prema en ler máis para ver o vídeo).

O portátil amosado no vídeo corre sobre GNU/Linux, aínda que tamén afirmaron que funcionará sobre MS Windows.  

A iniciativa de Nicholas Negroponte e outros membros do MIT (Massachusetts Institute of Technology) e contando co apoio de Red Hat, sacou o seu primeiro computador en abril deste ano e xa comezou a súa implantación en países como Uruguai...

O proxecto pretende axudar na educación dos nenos de países en vías de desenvolvemento, pero tamén poderá ser comprado en países desenvolvidos ao dobre do seu custe, logrando con iso que chegue outra unidade de forma gratuíta a un país necesitado. A fabricación en masa xa comenzou e pretenden comezar a súa distribución a finais de ano.

Sobre Marcelo Tosatti comentar que é unha figura moi coñecida dentro do mundo do Software Libre, principalmente pola sorpresa que causou o feito de que Linux Torvalds o elixira, cando só tiña 17 anos, para ser o responsable do mantemento da versión 2.4 do núcleo de Linux.

Vídeo do OLPC na Campus Party:

 

 

 

Fonte da nova:
http://www.elotrolado.net





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...