| O centro de Software Libre de Eslovenia implanta SWL nun centro de investigación en xerontoloxía |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 01 de Febreiro do 2008 | |
|
Un centro de investigación en xerontoloxía da república de Eslovenia está usando Software Libre para a recolección e verificación de información, manter aos seus investigadores e persoal informados constantemente e para a súa web. O centro usa unha versión personalizada de software MediaWiki. O proxecto ten como obxectivo mellorar o servizo que ofrecen mellorando o acceso á información. Este foi un dos primeiros proxectos levados a cabo polo centro de Software Libre de Eslovenia (COKS) creado en setembro do pasado ano...
Actualmente o centro dirixe un estudo sobre o uso de Software Libre na administración pública en Eslovenia. Espérase que os resultados estean dispoñibles durante este mes de febreiro. Outro estudo sobre o uso do Software Libre no ámbito privado estará dispoñible no mes de marzo.
Fonte: Artigos relacionados
|





















