| Novas extensións para o sistema xeográfico libre gvSIG |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 01 de Marzo do 2007 | |
|
GvSIG é unha ferramenta libre orientada ao manexo de información xeográfica. O grupo que o desenvolve acaba de liberar o desenvolvemento da extensión raster de gvSIG que permite abrir novo formatos de imaxe, aplicar paletas de cor a un MDT, xerar histogramas, recortar capas raster e aplicar algúns filtros de visualización novos. Ademais comezou a liberación da primeira entrega do módulo de xestión de CRS (Sistemas de Referencia Coordenados) que incorpora a capacidade de empregar diversas bases de datos de CRS (EPSG completa, IAU2000, outras), transformacións de 3 e 7 parámetros así coma baseadas en malla, e en xeral unha precisión máxima no cambio de CRS. Ambas extensións podedes encontralas na web e instálanse coma extensión sobre calquera das versións gvSIG 1.0 estables (gvSIG 1.0.x). Outra das vantaxes deste sistema é que conta cunha interface en galego. Artigos relacionados
|
















