| Nova versión de RKWard |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 22 de Xaneiro do 2008 | |
|
Onte saíu a versión 0.5 do RKWard, interface gráfica para o proxecto R, paquete estatístico con licenza Gpl. Con esta interface tentan combinar a potencia da linguaxe R coa facilidade de uso das ferramentas estatísticas comerciais. Os plans a longo prazo inclúen tamén a integración con aplicacións ofimáticas. RKWard está aínda nunha fase de desenvolvemento inicial como se pode ver no estado do proxecto. No entanto, pódese observar que o grao de actividade é moi alto, pois no que vai de ano levan xa dúas actualizacións, un bo indicador das posibilidades que pode ter este proxecto. Coa versión RKWard 0.5 adaptaron a interface para o novo KDE4, que vén de publicarse hai poucos días, corrixiron numerosos erros detectados e implementaron novas funcionalidades. Fonte: KDE-Apps Máis información: Documentación sobre o proxecto Artigos relacionados
|
















