Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Nova versión de openbravo POS PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mar Castro o Mércores, 03 de Setembro do 2008

Esta nova versión do TPV OpenbravoPOS inclúe, ademais de corrección de erros, numerosas melloras entre as que o seu creador, Adrián Romero, destaca as seguintes:

  • Mellora do sistema de impostos ou taxas. Agora é igual que o que emprega o ERP Openbravo. Creáronse novas ventás e modificáronse os informes. Grazas a isto é posible incluír funcionalidades que viñan sendo demandadas dende hai tempo como a posibilidade de ter dúas taxas diferentes para unha liña do recibo e soportar sistemas de taxas doutros países.
  • Melloras no módulo de cliente. Engadíronse máis campos á táboa de cliente: campos de contacto e de localización. Estes campos tamén están dispoñibles cando se imprimen os tickets o que lle permite imprimir tamén facturas.
  • Actualización das bibliotecas externas.
  • Novos paquetes de instalación para os Sistemas Operativos máis empregados: Windows, Ubuntu e Suse.
  • Outras melloras como a posibilidade de mesturar recibos en modo restaurantes, números de secuencia para os informes de peches de caixa, novo informe diario de clientes...

Fonte: Anuncio en Sourceforge





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...