| Nginx supera a Lighttpd e posiciónase como 4º servidor web a nivel mundial |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Xullo do 2008 | |
|
Nginx, servidor web libre de orixe ruso, acaba de posicionarse como o cuarto servidor a nivel mundial, despois de Apache, IIS e a aplicación servidor web de Google, superando así a outra aplicación servidor moi famosa, como é o caso de Lighttpd. Algúns dos sitios máis importantes que usan este servidor web son, por exemplo Wordpress (que anteriormente usaba LiteSpeed). O crecemento deste servidor é tan rápido que todavía non existe unha páxina na nosa wikipedia con información ao respecto. Podedes crear/modificar a páxina relativa a esta interesante alternativa como servidor web premendo na seguinte ligazón: Nginx na Wikipedia galega
No seguinte gráfico (de Codemongers) pódese ver a evolución de dominios que usan Nginx e dos que usan Lighttpd:
As comparativas de uso de servidores web en internet soen non coincidir entre distintos sitios, polo que poñemos as seguintes ligazóns, para que cada un saque as súas conclusións: -Ligazón a un blogue de Google do ano pasado onde din que alcanza un 4% de cota de mercado e gráfico do blogue: ![]() -Ligazón ás últimas estatísticas de Netcraft (xuño 2008) onde non aparece nin reflexado nginx entre os 6 primeiros. ![]() Artigos relacionados |
























