Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Mozilla lanza a versión Alfa de Firefox 3.0

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Mozilla lanza a versión Alfa de Firefox 3.0 PDF Imprimir Correo-e
escrito por USC o Luns, 11 de Decembro do 2006

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngSó seis semanas despois do lanzamento da versión 2.0 definitiva de Firefox, a Fundación Mozilla acaba de sacar á luz a edición alfa da versión 3.0, que leva en construción máis dun ano, e que se espera que sexa definitiva a finais do 2007.

Con este novo lanzamento, Mozilla pretende lograr que o usuario apenas distinga cando está usando aplicacións web, que se executan a través de internet, con respecto as que se executan directamente sobre o seu ordenador...

Outra das melloras de Firefox, segundo Mozilla, será unha maior compatibilidade cos distintos estándares gráficos, así como máis capacidade para facer que as páxinas web se vexan de forma similar independentemente do soporte co que se acceda a elas. Isto é debido ao novo motor Gecko (1.9) de Mozilla que  acaba de pasar o test Acid2.

O test Acid2 é un dos máis famosos tests en canto a estándares web se refire, foi creado para axudar aos desenvolvedores de navegadores á hora de seguir un estándar. Trátase dunha páxina moi complexa que usando características non moi comúns realiza unha gran cantidade de probas sobre o navegador

Fonte: elpais





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...