| Máis Software Libre para persoas con diversidade funcional |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 27 de Agosto do 2007 | |
|
O proxecto "Computadora-Discapacidad" é unha proposta de uso de software que facilmente pode ser posto en funcionamento nas escolas, xa que a maioría do software que atopamos é Software Libre (tamén hai freeware). Co software dispoñible téntase dar resposta ás necesidades educativas especiais dos alumnos con diversidade funcional.
En abril deste mesmo ano, publicaron un documento onde se comparten os avances obtidos, así como unha lista do software máis interesante. O documento é o resultado dunha investigación de máis de 5 anos...
O proxecto foi creado orixinalmente en México, e actualmente podemos atopar software de moi diversa utilidade, desde software para facilitar a lectura da pantalla, a escritura, movemento do rato, etc... Tamén podemos atopar manuais de autoaprendizaxe e unha listaxe dos eventos relacionados que se están a levar a cabo actualmente. Artigos relacionados
|
















