Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Máis dun millón de artistas distribúen gratuitamente a súa música a través de Internet

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Máis dun millón de artistas distribúen gratuitamente a súa música a través de Internet PDF Imprimir Correo-e
escrito por USC o Mércores, 05 de Xullo do 2006

Segundo datos da Asociación Música Internet (AMI), actualmente máis dun millón de músicos independentes promocionan a súa música por sistemas de descarga gratuíta en Internet, ben a través do seu propio website ou a través de sites que publican as súas cancións baixo licenzas copyleft, basadas en Creative Commons.

Trátase, na maioría dos casos, de músicos non asociados a entidades de xestión que queren ter o control da súa música, ofrecendo diferentes opcións ao internauta dependendo da modalidade copyleft que eles mesmos elixen.

En España, son necesarias tres licenzas para poder explotar o negocio de descargas de música copyright por Internet:

1ª.-Licenza da SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores).

2ª.-Licenza de AIE (Artistas, Intérpretes e Executantes).

3ª.-Licencia de AGEDI (Asociación de Xestión de Dereitos Intelectuais).

Todo este trámite non é necesario para a explotación de música en Internet baixo licenzas copyleft, que tan só requiren a licenza do artista ou grupo musical.

Máis información:http://www.asociacionmusica.com/

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...