| Máis do 75% dos principais supercomputadores do mundo empregan GNU/Linux |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 07 de Maio do 2007 | |
|
Segundo a lista Top 500 que rexistra os computadores de maior capacidade 376 empregan algunha variante de GNU/Linux. O dominio deste sistema operativo libre é abrumador e cabe salientar a presenza da distribución de Novell Suse Linux en sete dos dez computadores máis potentes da lista. Outros sistemas baseados en Unix aínda que propietarios como HP UX ou Super UX tamén están presentes na clasificación. Aix ocupa o terceiro lugar da lista na que está presente tamén Mac OS X con tres supercomputadores mentres que a solución de Microsoft non está presente no Top 500. A actualización da lista farase pública en xuño. Artigos relacionados |
















