Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Lista de proxectos mentores para o Google SoC 2008
Lista de proxectos mentores para o Google SoC 2008 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 18 de Marzo do 2008

GSoCVemos na web do Goolge summer of code (GSoC) 2008 que xa está publicada a lista de organizacións mentoras participantes este ano. Como cada ano esta lista medra e o número de organizacións chega ata as 175.

Ao lado de cada unha de elas está a ligazón ao wiki no que se poden ver as ideas propostas por cada proxecto para ser programadas ao abeiro deste programa.

Agora ábrese o prazo para que os estudantes presenten as súas solicitudes de participación. Deberán facelo entre o 24 e o 31 de marzo de 2008.

Deben buscar entre a lista de organizacións o proxecto que máis lle interese e enviar a través da web do GSoC a súa proposta. Debe indicar por que quere completar ese proxecto en particular e por que cre que é a mellor persoa para facelo. Hai que indicar tamén os datos académicos ou a experiencia que se posúe en desenvolvementos de código aberto, e todo o que poida aportar para convencer ao mentor de que é o mellor candidato.

Lembrade que Google pagará ata 4500 $ a cada estudante aceptado segundo a planificación seguinte:

  • 500 $ antes de comezar a codificación o 26 de maio.
  • 2000$ pouco despois do 14 de xullo, se pasan as avaliacións correspondentes á metade do desenvolvemento do proxecto.
  • E outros 2000$ se pasan con éxito a avaliación final do proxecto que ten lugar o 1 de setembro.

Fonte: GSoC 2008





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement