| KryoMol ferramenta para a visualización de información química |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Abril do 2008 | |
|
Unha das características máis destacadas e a capacidade de obtención de distintos tipos de espectros teóricos de infravermello ou ultravioleta-visíbel en formato JCAMP-DX a partir de cálculos mecano-cuánticos. Finalmente, KryoMol dispón dun visor básico de espectros de RMN monodimensionais así como soporte parcial para ficheiros JCAMP-DX. KryoMol trata de explotar ao máximo as tecnoloxías de KDE como KParts, que permite a integración do programa dentro de outros programas como o navegador Konqueror, a transparencia de rede que permite acceder, por exemplo, a ficheiros localizados en servidores remotos do mesmo xeito que se estivesen no disco duro local, ou a xeración de thumbnails tanto de estruturas moleculares como espectros de RMN. A última versión dispoñible do programa é a 0.6.6. Na seguinte versión que aparecerá en breve KryoMol funcionara tamén en sistemas MacOSX coa axuda do sistema fink. O seu desenvolvedor nos indica que agarda poder facer a transición ao novo escritorio KDE4 durante o ano 2009. Artigos relacionados |

















