| Intel lanza "Moblin": unha iniciativa para dispositivos móbiles con GNU/Linux |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 17 de Xullo do 2007 | |
|
Intel acaba de lanzar un ambicioso proxecto coa fin de desenvolver Software Libre para dispositivos móbiles. O proxecto, que se chama Moblin, promete ofrecer un kernel Linux, marco de traballo para interfaces de usuario, navegador, multimedia e outras ferramentas embebidas ademais de ferramentas para desenvolvedores como documentación, listas de correo e unha canle IRC. Intel espera que Moblin sirva como un "punto de integración" para múltiples subproxectos. Actualmente os subproxectos inclúen:
Moblin estará aberto a arquitecturas distintas á de IntelActualmente, todos os subproxectos están enfocados na arquitectura Intel; sen embargo o proxecto pretende ser aberto para que se poida contribuír a soportar outro tipo de arquitecturas. Os procesadores específicos de Intel para Moblin inclúen, até o de agora, a gama que vai dende 600Mhz A100 até o 800Mhz 110. Estes procesadores irán acompañados do chipset Intel's 945GU Express e o controlador ICH7 I/O para formar a plataforma "Ultra Mobile Platform 2007".
Máis información: http://www.moblin.org/
Artigos relacionados
|

















