| Intel anuncia o proxecto Open-FCoE |
|
|
|
| escrito por USC o Mércores, 19 de Decembro do 2007 | |
|
Intel liberou o código fonte do seu proxecto Open-FCoE. O proxecto de Fibre Channel sobre Ethernet para o sistema operativo Linux. Fibre Channel é unha tecnoloxía de rede a velocidade de gigabit empregada fundamentalmente en redes de almacenamento. O desenvolvemento do proxecto Open-FCoE significará que os centros de datos poderán diminuír os custos e o mantemento, grazas a redución da cantidade de equipos e cableado de Fibre Channel, ao mesmo tempo que goza dos seus beneficios e prestacións. O FcoE conta co apoio de grandes da industria como Cisco, IBM, Intel ou Sun Microsystems... Fonte: http://linux.slashdot.org Artigos relacionados |
















