| IBM ofrece servizo de migración a GNU/Linux á PEME |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 29 de Novembro do 2007 | |
|
IBM en Argentina ofrece un servizo de migración de estacións de traballo a GNU/Linux desde equipos con Windows 95/98/2000/XP. Na descrición deste servizo na súa web indican que os beneficios que lle reportará esta migración á PEME son redución de custes, mellor ROI, facilidade de crecemento, maior seguridade, adopción de estándares abertos... Mediante este servizo, IBM ofrécelle ao cliente a migración de forma automática da configuración dos seus escritorios da plataforma Microsoft a GNU/Linux empregando para iso a distribución que mellor se adapte ás súas necesidades (RedHat, SuSE, Rxart).
Para conseguir isto, o servizo divídese nas seguintes fases:
A través da consultoría previa é posible comprender e clarificar os obxectivos de negocio e os requirimentos técnicos, identificar e documentar requirimentos e riscos funcionais e non funcionais, discutir as alternativas de migración, analizando pros y contras... Esta análise detallada realízase sempre a carón dos usuarios involucrados nos procesos das áreas de migración e deste xeito defínese o alcance da migración para a creación do Plano de migración. Durante esta fase defínense tamén áreas de criticidade para a adopción de tecnoloxías Open Source e tense presente en todo momento a necesidade de manter as funcionalidades e niveis de seguridade actuais. O obxectivo é facer unha migración planificada de xeito que poida ter éxito e minimice as posibilidades de fracaso ou frustración por unha mala estimación do impacto da mesma. O prezo deste servizo pode variar dependendo das características da empresa pero estímase que para por exemplo 50 estacións rondaría os 2600 $ máis taxas.
Artigos relacionados
|
















