Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow GreenSQL, firewall de código aberto para bases de datos

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
GreenSQL, firewall de código aberto para bases de datos PDF Imprimir Correo-e
o Xoves, 10 de Abril do 2008
GreenSQL é un firewall deseñado para dar protección a bases de datos, especificamente MySQL fronte a ataques do tipo SQL injection. GreenSQL traballa en modo proxy intervindo as conexións á base de datos e avaliando os comandos SQL que se envían.

O que fai a ferramenta é avaliar os comandos SQL recibidos, baseándose nunha lista que podemos definir como sentenzas perigosas para a integridade da nosa aplicación web e base de datos, por exemplo: DROP, CREATE, ALTER, INSERT, etc..

 Ademais das súas prestacións a ferramenta é distribuída baixo licenza GPL. GreenSQL cumpre a súa función de firewall bloqueando inxeccións de comandos utilizados para tarefas administrativas de bases de datos. Ademais calcula o risco de cada consulta SQL bloqueando as consultas que comprometan a seguridade.

A páxina web oficial do proxecto habilitou unha sección demostrativa da ferramenta, na cal podemos observar a efectividade da aplicación.

Fonte: Dragonjar.org





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...