| GNU PDF cubrirá carencias de funcionalidade dos visores de código aberto de PDF |
|
|
|
| escrito por USC o Venres, 30 de Novembro do 2007 | |
|
Segundo José Marchesi, fundador do proxecto de recente creación GNU PDF e fundador en 1999 de GNU España, existen moitas características que non están dispoñibles nas aplicacións libres que visualizan e editan PDF. Para Marchesi existen dous motivos polos que é urxente darlle un soporte completo ao PDF, un é técnico e outro político. O motivo técnico é debido a gran cantidade de funcionalidades que non están dispoñibles ou están incompletas:
O outro motivo baséase en que ao Proxecto GNU gustaríalle ver completamente implementado o estándar para PDF ISO 32000. A pesar de que o PDF é moi empregado en ambientes académicos e corporativos, todas as aplicacións que proveñen dos niveis máis altos de soporte para o estándar ISO son propietarias. O que implica que, se non hai un esforzo coordinado, os usuarios de Software Libre poden ser deixados de lado... Como primeiro obxectivo, que fixan dende GNU PDF, é escribir unha librería en linguaxe C para que sexa empregado polos consumidores de PDF e polas aplicacións. A intención é que esta librería sexa similar á Adobe PDF Library. O paso seguinte é a creación dunha aplicación que xa foi denominada GNU Juggler. GNU Juggler será un visor e editor especializado de PDF. Fonte: Artigos relacionados |
















