|
GNOME lanza un programa para financiar proxectos para mellorar a accesibilidade |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 27 de Febreiro do 2008 |
|
A Fundación GNOME acaba de lanzar un programa de financiamento, ofrecendo 50.000$ a repartir entre as persoas que promovan a accesibilidade do software a través da comunidade GNOME ademais de mellorar a calidade xeral da accesibilidade GNOME.
O programa está financiado pola Fundación GNOME, a Fundación Mozilla, Google, Canonical e Novell. Este é o segundo programa de financiamento coordinando e executado pola Fundación GNOME. O programa comezará a aceptar proxectos o 1 de marzo e rematará a finais de ano. Haberá dúas categorías no programa: - Nunha delas, os participantes do programa terán que conseguir algún dos obxectivos principais elixidos para o programa, gañando 6.000$ pola tarefa e tendo até 6 meses para rematala.
- A outra categoría será de corrección de erros en accesibilidade: os participantes deberán arranxar cinco bugs dunha lista que darán os xuíces do evento para poder gañar 1.000$
Para participar:
- Ler con atención as regras do programa
- Escoller unha das tarefas de desenvolvemento dispoñibles
Datas importantes:
- 2008
-
27 de febreiro: programa anunciado á comunidade.
-
1 de marzo: tarefas oficialmente anunciadas e publicadas na web e prazo de aceptación de propostas aberto.
-
1 de outubro: non se aceptarán máis tarefas de longa duración.
-
15 de decembro: non se aceptarán máis propostas.
Máis información en:
http://www.gnome.org/projects/outreach/a11y/
Artigos relacionados
|