| Gañadores do concurso "Les Trophées du Libre" 2007 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 28 de Decembro do 2007 | |
|
A primeiros de decembro déronse os premios da 4ª edición “Les Trophées du Libre” aos gañadores deste concurso internacional de Software Libre. O éxito deste concurso vén avalado polo cantidade de proxectos internacionais presentados este ano, un 60% fronte ao 20% do ano anterior. A metade dos proxectos eran europeos e a outra metade do resto do mundo. En total foron 149 concursantes presentados de 29 países diferentes. Nomeáronse como finalistas 18 proxectos e resultaron gañadores 6 deles, un por cada unha das seguintes categorías: Seguridade, Xestión empresarial, Educación , Xogos/multimedia, aplicacións para o sector público e aplicacións científicas. Cada un destes 6 gañadores recibiron a suma de 3000 €, un portátil, un cupón por valor de 150€ de Editions Eyrolles e hospedaxe con Nexen Services. Ademais recibirán axuda de CETRIL (Centro europero para a transferencia e investigación en informática libre) para os seus desenvolvementos e un ano de aloxamento de balde en Soissons. Tamén recibiron premios de menor cuantía os finalistas. Este ano foi concedido por vez primeira o Premio especial do xurado, escollendo un proxecto de entre todas as categorías pola súa natureza innovadora e déuselle ao proxecto científico Bioclipse, do departamento de Biociencia Farmacéutica da universidade de Uppsala, en Suecia. Este proxecto ten por obxectivo crear unha plataforma visual para quimio y bioinformática baseada en Eclipse Rich Client Platform (RCP). A lista de gañadores do 2007 é:
Artigos relacionados
|
















