| Ferramenta para comprobar a accesibilidade de aplicacións de GNOME. |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 06 de Xullo do 2007 | |
|
Accerciser é unha ferramenta baseada en Python para comprobar a accesibilidade das aplicacións de GNOME. Permite aos desenvolvedores garantir a accesibilidade das súas aplicacións. Unha aplicación informática é accesible cando proporciona os medios necesarios para que as persoas con discapacidade poidan acceder á súa interface. GNOME e GTK+ proporcionan a infraestrutura para acadar isto de xeito que unha aplicación desenvolvida para GNOME é probable que sexa accesible sen un gran esforzo, mais pode ser mellorada para facela máis usable por persoas con discapacidade. Esta ferramenta axudará a facer isto posible. Algunhas das características de Accerciser son:
Complementos básicos: Visor das interfaces: Este complemento dá a información e os controis básicos proporcionados polas distintas interfaces que teñen cada obxecto accesible. Por exemplo, cando se selecciona un botón , é posible ver o texto proporcionado na sección Texto e o botón premido na sección Acción. Monitor de eventos: As tecnoloxías adaptadas baséanse nos eventos que emiten as aplicacións de escritorio a través do AT-SPI. Este complemento de Accerciser permite ver estes eventos cando ocorren. Ademais o usuario pode filtrar o tipo de eventos que quere monitorizar. Máis información: Artigos relacionados
|
















