| Ferramenta de rendemento de hardware para GNU/Linux, Phoronix Test Suite |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 03 de Abril do 2008 | |
|
Phoronix Test Suite é unha ferramenta, baixo GPL, para realizar diversos benchmarks de rendemento de hardware para GNU/Linux (aínda que podería chegar a funcionar noutros sistemas).
Con PTS os desenvolvedores de aplicacións poderán construír facilmente os benchmaks do seu propio software e os usuarios poderán medir facilmente o rendemento dos seus equipos en devandito software. Outro aspecto interesante é a posibilidade de subir os teus resultados ao servizo PTS Global e poder executar, introducindo o código dunha proba xa existente, calquera benchmark que estea dispoñible en PTS Global. A versión actual de PTS é a 0.1, e inclúe a modo de proba varios benchmarks en xogos 3D como Nexuiz, Doom 3, ET:QW, entre outros. Por agora non hai interface gráfica e as probas hai que executalas desde un terminal, a pesar disto o uso é bastante sinxelo. Por exemplo: * ./phoronix-test-suite benchmark universe Executa todos os benchmarks (pode tardar moito tempo). * ./phoronix-test-suite list-tests Mostra os benchmarks dispoñibles. * ./phoronix-test-suite benchmark nombreBenchmark Executa un determinado benchmark. Fonte: Linuxjuegos.com Artigos relacionados
|
























