| Contorna de computación Java para Grid |
|
|
|
| escrito por USC o Venres, 09 de Febreiro do 2007 | |
|
O Java Parallel Processing Framework (JPPF) é unha contorna de computación Grid para Java que se centra na mellora do rendemento e na facilidade de uso. Dispón dun conxunto de ferramentas e API que facilitan a paralelización en aplicacións con altos consumos de CPU, distribuíndo a execución sobre unha rede de nodos heteroxéneos. Esta nova versión mellorou as comunicacións nun 10% e arranxou numerosos bugs no servidor, incrementando así a escalabilidade e estabilidade. Esta versión tamén inclúe unha actualización da consola gráfica de administración para usar Substance L&F v3.1 e JFreeChart v1.0.3 O JPPF 0.24.1 ten licenza GNU e pódese descargar dende a páxina web de SourceForge http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=135654
Fontes: http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=661327 Artigos relacionados
|
















