Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow Comprobando a seguridade das aplicacións web con ratproxy de Google
Comprobando a seguridade das aplicacións web con ratproxy de Google PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Mércores, 30 de Xullo do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ratproxy.png Para axudar aos desenvolvedores a auditar a seguridade das súas aplicacións web, Google liberou unha ferramenta chamada ratproxy.

ratproxy está deseñada para funcionar entre o teu navegador web e a aplicación que queiras testear e enfocado principalmente á Web 2.0 e aplicacións AJAX. Incluso ten un compoñente opcional para comprobar contido de Adobe Flash. Unha vez que acabamos de probar a nosa aplicación usando ratproxy podemos indicarlle tamén que nos faga un informe en HTML.

A continuación indicaremos como instalar ratproxy e configuralo para testar a web que desexemos...


Para compilar ratproxy, desde a liña de comandos e cun simple, xa temos compilado ratproxy:

fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ make
cc ratproxy.c -o ratproxy  -Wall -O3 -Wno-pointer-sign -D_GNU_SOURCE http.c mime.c ssl.c -lcrypto -lssl

A maneira máis sinxela de executar ratproxy é facéndoo cos parámetros por defecto recomendados. O parámetro "-d" indícalle a ratproxy que só execute os test nas URL do dominio especificado (no noso caso mancomun.org), de maneira que evitará testar accidentalmente webs enlazadas a través de imaxes ou publicidade na nosa web.

fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ ./ratproxy -v /tmp/ -w ratlog.txt -d mancomun.org -lfscm
ratproxy version 1.51-beta by <lcamtuf@google.com>
[*] Proxy configured successfully. Have fun, and please do not be evil.
[+] Accepting connections on port 8080/tcp (local only)...

Se ves a mensaxe "Accepting connections", isto indica que ratproxy está funcionando no teu computador e no porto 8080. Polo tanto deberás configurar o teu navegador para que use o proxy en localhost e no porto 8080.

O seguinte paso será conectarse á aplicación web que queiras testar e interactuar con ela de xeito habitual. Proba todas as características e visita todas as túas páxinas mentras ratproxy observa e executa tests. Cando remates, pecha o navegador e despois ratproxy con Ctrl-C.

Para obter o informe en formato HTML, so terás que executar:

fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ ./ratproxy-report.sh ratlog.txt > informe_mancomun.html

 

Máis información:
http://code.google.com/p/ratproxy/

Fonte orixinal do artigo:
http://www.linux.com/feature/142675





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement