| Asus integra Linux en placas base |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 08 de Outubro do 2007 | |
|
Asus presentou unha nova placa con GNU/Linux integrado . A placa base é capaz de proporcionar acceso a Internet e VOIP sen necesidade de facer ningunha instalación previa e todo grazas a que leva preinstalado un microsistema GNU/Linux capaz de arrancar en 5 segundos.
O nome comercial destas funcionalidades chámase "ASUS Express Gate” que leva un escritorio Linux lixeiro chamado SplashTop e desenvolvido por DeviceVM, cun navegador webbaseado en Firefox e un cliente Skype. Ao iniciar o computador vese unha pantalla na que podemos escoller entre navegar ou usar VOIP. Pódese ver un vídeo demostrativo en YouTube . Fonte: http://www.phoronix.com Artigos relacionados
|
















