| Android xa está funcionando en hardware real |
|
|
|
| escrito por USC o Venres, 11 de Xaneiro do 2008 | |
|
Varios usuarios de Linux conseguiron instalar en diferentes dispositivos a plataforma aberta para móbiles de Google ( Android). O anuncio de Google motivou que algúns usuarios de Linux se dispuxeran a probar Android en distintas plataformas móbiles. Segundo parece o primeiro dispositivo onde se instalou foi no Armadillo-500 da empresa Atmark-Techno. A esta instalación seguíronlle outras que permitiron coñecer que a pila de software de Android podía funcionar sen erros en calquera dispositivo cun procesador ARMv5TE, como por exemplo no Sharp SL-C760, ou tamén en dispositivos co Zaurus C3000M, como os modelos SL-C3×00 e SL-6000. No seguinte enlace pódese ver un vídeo demostrativo da execución de Android no Armadillo-500.
Fonte: Artigos relacionados |
















