|
Amarok 2.0 estará dispoñible tamén en Mac OS e Windows |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 14 de Febreiro do 2007 |
Amarok é un reprodutor libre de audio que soporta diversos servizos de internet e interesantes opcións extras para os melómanos. Na súa versión 2.0 funcionará ademais de en GNU/Linux ou FreeBSD noutros sistemas como Mac OS e Ms-Windows de xeito nativo. A versión 1.4.5 acaba de saír con importantes novidades.
Entre as opcións máis interesantes están a posibilidade de ver as letras da canción que estamos a escoitar, permite a consulta da web do artista na Wikipedia, xestiona múltiples listas de reprodución, soporta podcast e indexa coleccións de música en MySQL, PostgreSQL ou SQLite entre outras novidades.
Artigos relacionados
|