Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow A LBS 4.0 publicarase a finais de 2008
A LBS 4.0 publicarase a finais de 2008 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Xoves, 07 de Agosto do 2008

A finais do 2008, publicarase LSB 4.0 coa intención de que os distribuidores poidan desenvolver aplicacións para ser utilizadas en calquera distribución que cumpra co estándar LSB. Se o estándar se logra facer un oco entre as moitas distribucións de GNU/Linux, podería ser o inicio dunha nova era en canto ao desenvolvemento de aplicacións.

O obxectivo da LSB é desenvolver e promover un conxunto de estándares que aumentarán a compatibilidade entre as distribucións de Linux e permitirán que os programas poidan ser executados en calquera sistema que os cumpra.

Segundo o director executivo da Fundación Linux, Jim Zemlin, «É criticamente importante para Linux ter unha forma sinxela para que os desenvolvedores poidan escribir código para calquera distribución Linux, sexa Red Hat, Ubuntu ou Novell».

A LSB especifica: librerías estándar, un conxunto de ordes e útiles que estenden o estándar POSIX, a estrutura xerárquica do sistema de ficheiros, os niveis de execución e varias extensións ao sistema gráfico X Window.
LSB define o conxunto central de API (do inglés Application Programming Interface ou Interface de Programación de Aplicacións) e bibliotecas, de forma que os distribuidores independentes poidan desenvolver aplicacións que poidan funcionar en calquera distribución de GNU/Linux certificada para LSB. A Fundación Linux actualizou LSB por última vez en febreiro coa versión 3.2.


Fontes:
http://softlibre.barrapunto.com

http://fabianperez.blogspot.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement